IDEARIO
Coñécenos
Este ideario determina a nosa maneira de actuar dentro da Asociación Juan XXIII.
Evita que se produzan malas prácticas tanto no que afecta ás persoas e ás súas familias como á propia Asociación.
O noso Ideario está formado polos seguintes compoñentes que serven como referencia nos comportamentos, nas decisións e nas actividades realizadas na Asociación Juan XXIII.
- Misión, visión e valores.
- Principios.
- Compromiso ético.
Misión, visión e valores.
Principios
Compromiso ético
Misión, visión e valores
A nosa MISIÓN é prestar apoios e servizos de calidade ante as necesidades e demandas de cada persoa e a súa familia.
Favorecemos o desenvolvemento integral, potenciamos as capacidades e melloramos a calidade de vida persoal, social e familiar.
Traballamos para promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade máis xusta e solidaria.
A nosa VISIÓN é ser unha entidade que facilite os apoios para que as persoas con discapacidade intelectual desenvolvan os seus proxectos persoais.
Traballamos para ter un conxunto de profesionais ben formados que desenvolvan o seu labor do modo máis eficaz, eficiente e comprometido coa misión e os valores da organización. Queremos ser unha organización en mellora permanente.
Os nosos VALORES son:
- REFERIDOS ÁS PERSOAS:
-
- ORIENTACIÓN AO CLIENTE. Todas as actuacións da Asociación Juan XXIII teñen como eixo principal ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.
- COMPROMISO ÉTICO. Velarase polo trato digno, respectuoso e igualatorio ás persoas con discapacidade intelectual. Promovemos unha contorna de boa convivencia e tolerancia.
- XUSTIZA. Traballamos para garantir os dereitos das persoas e a igualdade de oportunidades.
- REFERIDOS Á SOCIEDADE:
-
- INCLUSIÓN. Promóvese que as persoas con discapacidade intelectual convivan, participen, socialicen e interactúen na súa comunidade.
- CAMBIO SOCIAL. Levar a cabo accións que axuden a recoñecer o valor das persoas con discapacidade intelectual na sociedade.
- REFERIDOS Á CALIDADE:
-
- CALIDADE. A calidade e a mellora continua representan un compromiso ético coas persoas.
- COMPETENCIA PROFESIONAL. Recoñécese a obriga dunha cualificación e actualización permanente dos profesionais. Tamén a aplicación de métodos e técnicas innovadoras.
- REFERIDOS Á ORGANIZACIÓN:
-
- TRANSPARENCIA. A ética de actuación implica transparencia na xestión e honradez en todos os nosos comportamentos.
- PROXECTO COMÚN. As persoas que formamos parte da Asociación Juan XXIII compartimos unha mesma cultura organizacional.
Principios
Defendemos unha concepción da discapacidade intelectual que afirma o valor de toda persoa por encima dos seus perfís de capacidade e limitación. Falamos sempre de persoas con discapacidade intelectual.
Non utilizamos palabras como diversidade funcional ou capacidades diferentes.
As persoas con discapacidade intelectual reclamaron que se lles chame así porque opinan que “diversidade funcional” ou “capacidades diferentes” son palabras que poden falar de calquera porque todos somos diversos e diferentes.
Traballamos para que as persoas con discapacidade intelectual sexan cidadás de pleno dereito e que poidan demostrar as súas capacidades, gustos, soños, necesidades e particularidades como calquera persoa.
A persoa debe ser axente esencial na construción do seu destino e na planificación do seu futuro.
Cremos que cos apoios axeitados, todas as persoas poderán progresar e contribuír á sociedade.
O camiño que orienta todas as nosas actuacións é cara o “Bo Trato”, entendido como algo que vai moito máis alá de non maltratar.
O bo trato implica potenciar ao máximo a calidade de vida da persoa usuaria e a súa inclusión exitosa na comunidade.
Entendemos a accesibilidade cognitiva como un dereito que permite o acceso e goce da educación, a saúde, o emprego, a cultura e o lecer.
Traballamos para a adopción de medidas que estean nas nosas mans e reivindicación doutras.
A familia é a base da inclusión social.
Apoiaremos en todo aquelo que sexa necesario para achegar calidade de vida familiar.
A cooperación e o traballo en equipo apoian o traballo dos profesionais sempre compartindo a filosofía propia do movemento asociativo de Plena inclusión.
Nosa guía de traballo será o Método de Apoio ás Persoas (M.E.P) da Asociación Juan XXIII.
Compromiso ético
A Asociación ten un compromiso ético que orienta todas as súas accións.
A Asociación está adherida formalmente ao Código de Ético de Plena Inclusión desde 2008.
Este Código aplícase en todos e cada un dos servizos e apoios que esta asociación presta.
A Asociación Juan XXIII ten un Grupo de Ética que traballa en temas éticos e en mellorar calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.
As demandas éticas non resoltas no Grupo de Ética envíanse ao Comité de Ética de Plena inclusión.