Desenvolvemento Persoal e Social

Servizos

Participan as persoas dos Centros Ocupacionais.

Este servizo ten como obxectivo mellorar as habilidades persoais, sociais e cognitivas das persoas con discapacidade intelectual.

Levamos a cabo os seguintes programas:

 

  • Programa de Vida Independente que fomenta as habilidades de vida no fogar, adquirir habilidades de xestión persoal, interacción social e de xestión económica.
  • Programa de Estimulación e Mantemento Cognitivo: trata de manter as habilidades intelectuais como a atención, a memoria, a lectura, o cálculo e as funcións executivas. A profesional responsable aplica estímulos que faciliten o razoamento.
  • Programa de Novas Tecnoloxías: entre os seus obxectivos está saber utilizar a tablet e o taboleiro dixital; coñecer os programas informáticos máis habituais; navegar por internet; elaborar documentos sinxelos; a seguridade na internet (detectar riscos), gravar vídeos e facer fotos.
  • Programa de Coidado Persoal: os seus obxectivos son identificar os distintos síntomas de enfermidade; uso adecuado dos medicamentos e dos servizos ofrecidos nos centros de saúde; valoración da hixiene, nutrición, exercicio físico e vacinas como medidas de prevención de enfermidades.
  • Programa de Habilidades Sociais e Autodeterminación: está baseado no adestramento e adquisición de habilidades sociais nos que se implican tanto compoñentes verbais como non verbais.
  • Programa de Participación Social: traballamos para que as persoas coñezan e defendan os seus dereitos, potencien a súa autonomía e a súa comunicación, favorecendo así a súa inclusión social.