Comedor

Servizos

O menú do comedor é equilibrado e san que, ademais, é elaborado por un nutricionista.

Está composto por un primeiro prato, segundo prato e sobremesa.

Este menú garante unha boa alimentación e as achegas calóricas e dietéticas axeitadas para cada persoa.

Temos en conta todas as necesidades de alimentación especiais como alerxias, diabetes, celíacos, entre outras dietas especiais.

Enviamos o menú ás familias todos os meses co fin de conseguir unha alimentación equilibrada.

Os profesionais dos centros supervisan durante o comedor e apoian a aquelas persoas que o necesitan.

Durante o servizo de comedor, as persoas traballan habilidades e hábitos alimentarios saudables así como os hábitos de hixiene.