Centro residencial

Centros

Esta Residencia é unha necesidade para moitas familias que teñen idade avanzada e non poden coidar do seu familiar con discapacidade.

Desexamos poder atender nun futuro próximo os casos de envellecemento e deterioro cognitivo das persoas con discapacidade causados pola idade e que necesitan de atención e apoios específicos.
Este edificio tamén terá Centro de Día e haberá novas prazas para persoas con discapacidade intelectual que están en lista de espera.

Cando finalicemos esta Residencia e Centro de Día, contará cos recursos humanos e técnicos necesarios para desenvolver programas, fixar obxectivos e actividades para cada unha das persoas usuarias.

Atendemos de forma individualizada as necesidades específicas das persoas en diferentes áreas como a saúde, a rehabilitación, o apoio psicosocial, o coidado persoal, os talleres terapéuticos e o lecer e tempo libre.