Saúde e rehabilitación física

Servizos

Este servizo ofrece unha atención individualizada de todos os aspectos relacionados coa saúde e o benestar físico.

Dispoñemos de tres programas:

 

  • Programa coidamos a saúde: as persoas con discapacidade realizan actividades como natación, mantemento físico, psicomotricidade, baile, etc.
  • Programa de rehabilitación física: A fisioterapeuta utiliza varias técnicas e consegue mellorar a postura, flexibilizar a musculatura e diminuír as dores.
  • Programa de hidroterapia: As técnicas de hidroterapia axudan moito ao tratamento de traumatismos, reumatismo, problemas respiratorios ou neurolóxicos.