Autoxestores

Nosos programas

As persoas con discapacidade intelectual deben ser portavoces das súas propias vidas.

Por iso, favorecemos que se autorepresenten e as apoiamos para que melloren as súas habilidades de comunicación, autonomía persoal e social.

As persoas con discapacidade que participan neste grupo reúnense varias veces ao ano.

Neste grupo tamén participan profesionais para ofrecer os apoios necesarios a cada persoa ou ao grupo en xeral.

As persoas que forman parte do grupo de Autoxestores reúnense para falar dos seguintes temas:

  • Traballar para alcanzar a independencia.
  • Aprender a vivir e a defender os seus dereitos sen axuda.
  • Participar máis na sociedade.
  • Tomar as súas propias decisións e facer eleccións.
  • Facer as cousas por si mesmos e aprender a resolver os seus problemas.
  • Coñecer e aceptar as súas limitacións.