Dámosvos a benvida
Asociación Juan XXIII
Somos unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á formación e promoción integral das persoas con discapacidade intelectual.
55
Anos de vida asociativa
56
Profesionais
190
Usuarios
Nosos centros
Centros
CENTRO EDUCATIVO
CENTROS TERAPÉUTICOS DIURNOS
VIVENDA TUTELADA
CENTRO RESIDENCIAL
Queres colaborar coa asociación?
Nosos programas
Programas
BO TRATO
PENSAMIENTO LIBRE
VOLUNTARIADO
ACCESIBILIDADE COGNITIVA
OCIO E TEMPO DE LECER
SENSIBILIZACIÓN SOCIAL
AUTOXESTORES
Bo trato
Este proxecto pretende sensibilizar e loitar contra os prexuízos e discriminación das persoas con discapacidade intelectual.
Trátase de previr os malos tratos e fomentar do bo trato.
Pensamiento libre
Facilitamos os apoios e oportunidades ás persoas para que poidan gozar da experiencia do pensamento libre e diálogo con outros membros da sociedade.
O pensamento libre é importante xa a liberdade de expresión é unha das dimensións que nos constitúe como persoas.
Accesibilidad cognitiva
A accesibilidade cognitiva é necesaria para lograr a verdadeira inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e outras persoas con dificultades de compresión.
Permite que as persoas sexan máis independentes, participen máis e estean máis incluídas na sociedade.
A Asociación Juan XXIII traballa para mellorar a accesibilidade cognitiva das contornas.
En 2018 a Asociación estableceu acordos con varios concellos da provincia no seu proxecto Rede de Concellos Accesibles para mellorar a accesibilidade dos edificios consistoriais.
Ocio e tempo de lecer
Ofrecemos os apoios ás persoas para que gocen dun lecer como cidadáns de pleno dereito.
Utilizamos os servizos da comunidade e temos en conta os seus desexos, preferencias e gustos persoais.
Contamos cunha oferta continuada de actividades que inclúe actividades da comunidade.
O horario é adecuado ás actividades e á idade das persoas que interveñen.
Todas as actividades de lecer, culturais, festas e de turismo contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.
Sensibilización social
Realizamos actividades de sensibilización na nosa comunidade para mostrar os problemas e dificultades cos que teñen que enfrontarse diariamente as persoas con discapacidade intelectual.
Queremos eliminar ou reducir as barreiras existentes na contorna das persoas con discapacidade para que poidan vivir mellor.
A Asociación Juan XXIII leva a cabo o Programa “Eu igual ca ti” que ten como obxectivo dar a coñecer a discapacidade nos centros educativos e establecer valores axeitados de convivencia.
Durante as charlas, o alumnado dos centros educativos aprende valores que humanizan, respectan e dignifican ás persoas con discapacidade.
Queremos que a infancia e a mocidade aprendan valores que promovan tolerancia, solidariedade, respecto e inclusión das persoas con discapacidade intelectual.
Autoxestores
As persoas con discapacidade intelectual deben ser portavoces das súas propias vidas.
Por iso, favorecemos que se autorepresenten e as apoiamos para que melloren as súas habilidades de comunicación, autonomía persoal e social.
As persoas con discapacidade que participan neste grupo reúnense varias veces ao ano.
Neste grupo tamén participan profesionais para ofrecer os apoios necesarios a cada persoa ou ao grupo en xeral.
As persoas que forman parte do grupo de Autoxestores reúnense para falar dos seguintes temas:
- Traballar para alcanzar a independencia.
- Aprender a vivir e a defender os seus dereitos sen axuda.
- Participar máis na sociedade.
- Tomar as súas propias decisións e facer eleccións.
- Facer as cousas por si mesmos e aprender a resolver os seus problemas.
- Coñecer e aceptar as súas limitacións.
Outros servizos
Servizo de Apoio a Familias (S.A.F.)
Atención Psicolóxica
Saúde e rehabilitación física
Logopedia
Terapia ocupacional
Desenvolvemento Persoal e Social
Deporte
Comedor
Transporte
Nosa transparencia
Transparencia
Información financeira e estratéxica
Memoria de actividades
Ideario
Noso equipo
Calidade
Canle de denuncias
Nos apoian
Formulario de contacto
Contacto
info@asociacionjuanxxiii.org
Teléfono
986 855 018
Dirección
C/ Eduardo Blanco Amor, 66 C.P.36003. Pontevedra