CENTRO EDUCATIVO

Centros

O Centro Educativo está concertado coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia para alumnado con discapacidade intelectual.

Traballamos tres etapas educativas de educación especial:

  • Educación infantil: de 3 a 6 anos.
  • Educación básica: de 6 a 16 anos.
  • Transición á Vida Adulta e Formación Laboral Complementaria: de 16 a 21 anos.

O alumnado recibe un ensino de calidade e orientado a desenvolver competencias para alcanzar un bo nivel de integración social e desenvolvemento persoal na súa vida adulta.

Elaboramos un curriculum adaptado ás características e capacidades de cada alumno ou alumna.

Realizamos moitas actividades na propia comunidade: piscina, biblioteca, participación en programas escolares comunitarios, etc.

Disponse tamén a modalidade de escolarización combinada que é un paso previo á escolarización completa que se adoita materializar cando o alumnado termina a etapa educativa.

Desenvolvemos tamén actividades inclusivas con outros centros educativos segundo o noso programa de sensibilización social.