CENTRO DE ATENCIÓN DIURNA
Centros
Centro de Atención Diúrna Terapéutica
Ofrecemos unha atención especializada a persoas maiores de 16 anos con discapacidade intelectual e necesidades de apoio de carácter extenso ou xeneralizado.
Centro de Atención Diúrna ocupacional
É un servizo para persoas maiores de 16 anos con necesidades de apoio intermitentes ou limitados.
Tenemos los siguientes talleres
Centro de Atención Diúrna Terapéutica
Ofrecemos unha atención especializada a persoas maiores de 16 anos con discapacidade intelectual e necesidades de apoio de carácter extenso ou xeneralizado.
Prográmanse os obxectivos e actividades significativas para cada persoa.
Tratamos de mellorar o desenvolvemento físico, adquirir habilidades de vida diaria para mellorar a autonomía e o benestar emocional.
Ofrecemos servizos que combinan o coidado, a estimulación, a rehabilitación, o lecer e a participación.
Tratamos que as aprendizaxes sexan significativas e adaptadas aos intereses e necesidades de cada persoa.
Nos Centros de Atención Diúrna Terapéutica dispoñemos de Unidades de Atención a Maiores.
Nestas unidades cada persoa ten un programa específico de actividades para manter e desenvolver as súas capacidades físicas e cognitivas.
Esta necesidade débese a que o envellecemento das persoas con discapacidade intelectual prodúcese a idades máis temperás.
Por iso, tratamos de detectar o envellecemento precoz e reducir os seus efectos.
Promovemos o envellecemento activo e fomentamos o desenvolvemento dunha vida plena.
Centro de Atención Diúrna ocupacional
É un servizo para persoas maiores de 16 anos con necesidades de apoio intermitentes ou limitados.
As persoas con discapacidade intelectual realizan unha actividade prelaboral en función das súas características, necesidades e intereses persoais.
O cadro de persoal ofrece os apoios necesarios para que as persoas con discapacidade sexan capaces de realizar un traballo o máis parecido posible ao ordinario.
Ademais, as persoas con discapacidade desenvolven as súas actitudes laborais, melloran as súas habilidades persoais e sociais.
Os produtos que se elaboran nos diferentes Talleres Ocupacionais están destinados á venda a particulares e a empresas.
Todos os nosos produtos adáptanse ás necesidades e gustos dos clientes.
Nos Centros de Atención Diúrna Ocupacional dispoñemos de Unidades de Atención a Maiores.
Nestas unidades cada persoa ten un programa específico de actividades para manter e desenvolver as súas capacidades físicas e cognitivas.
Esta necesidade débese a que o envellecemento das persoas con discapacidade intelectual prodúcese a idades máis temperás.
Por iso, tratamos de detectar o envellecemento precoz e reducir os seus efectos.
Promovemos o envellecemento activo e permitir o desenvolvemento dunha vida plena.
Taller de xardinería
Facemos traballos de xardinería como corte de herba, poda de árbores, abonado de terra, roza, plantación de árbores e mantemento de xardíns.
Taller de encadernación
Realizamos de modo artesanal encadernacións e traballos relacionados co manipulado de papel.
Elaboramos caixas, cadernos, cartafoles, álbums, invitacións entre outros produtos.
Utilizamos diversos materiais como pel, tea, vanol, guaflex entre outros.
Todos os produtos son personalizados ao gusto do cliente.
Taller de fregonas
Realizamos todo o proceso de fabricación das fregonas.
Dende a recepción da materia prima ata o seu envasado final.
A composición das fregonas é 100% algodón polo que é un produto de alta calidade.
Taller de artesania
Creamos pezas de decoración e artigos de agasallo de forma artesanal.
Temos unha ampla selección de produtos como caixiñas, bandexas, adornos, servilleteros, xogos, bixutería,…
Empregamos materiais como barro, cartón pedra, cristal, esmalte, etc.
Adaptámonos ás necesidades e preferencias do cliente.
Taller de manipulados
Realizamos actividades de manipulado para empresas.
Montamos, revisamos e empaquetamos diversos produtos.
Elaboramos artigos diversos como trofeos para Clubs Deportivos.
Taller de carpintería
Fabricamos e deseñamos todo tipo de mobiliario a medida, mobiliario urbano (papeleiras, xardineiras e bancos), xoguetes e xogos didácticos.
Talleres
Solicita presupuesto o más información, sin compromiso a través de la siguiente formulario: