IDENTIDAD VISUAL

Coñécenos

O nome de Juan XXIII elixírono as persoas que fundaron a Asociación Juan XXIII porque foi un papa importante e bo.

O nome de Juan XXIII quere representar o labor bo e xeneroso da Asociación dende que se creou ata o de agora.

Os valores que representa o noso logotipo son a inclusión, a igualdade, a participación e o respecto á diferenza.

A continuación explicamos os elementos do logotipo:

Con estas pontes queremos representar á cidade de Pontevedra onde nace a Asociación.

As pontes son símbolos de unidade e unión, algo que para nosa entidade é moi importante.

Representan a unión coas persoas e familias.

Simbolizan os apoios que presta a Asociación en todos os Centros para que a inclusión sexa unha realidade nesta sociedade.

Coas III representamos a todas as persoas e á sociedade que queremos.

Queremos unha sociedade inclusiva, aberta, positiva e xusta, na que todos somos iguais pero que tamén dá valor á diferenza.

A I central simboliza ás persoas con discapacidade intelectual que está incluída en igualdade de condicións.

O noso logotipo quere identificarse coa nosa confederación que é Plena inclusión.