Canle de denuncias

Transparencia

Esta canle está orientada ás persoas con discapacidade intelectual nas que se vexan afectados os seus dereitos.

Esta canle NON está dirixida para recoller queixas, reclamacións ou suxestións.

A través desta canle pódense denunciar condutas irregulares, ilícitas ou delituosas na Asociación Juan XXIII, sobre todo as dirixidas contra persoas con discapacidade intelectual.

En canle fai referencia a condutas que incumpren o código ético e as normas recollidas nos protocolos, políticas e códigos de condutas da entidade.

Calquera grupo de interese da Asociación Juan XXIII (persoa usuaria, familia, profesional, persoal voluntario ou en prácticas, socio/a, provedor, colaborador,…) pode realizar unha denuncia.

Pretendemos identificar as actividades onde se poden cometer infraccións que se poden evitar e axudar a previr o delito.

Queremos xestionar e controlar as condutas ilegais producidas contrarias á cultura ética da entidade.

Axudar á administración pública competente a impoñer sancións aos autores das condutas denunciadas, cando así proceda.

Colaborar coa investigación xudicial, cando cumpra, achegando probas, reparando ou diminuíndo o dano o procedemento penal.

Toda denuncia recibida é analizada e tramitada atendendo ao noso procedemento de comunicación de denuncias.

Para obter máis informacón facer clic sobre “canle de denuncias”.

Co envío do seguinte formulario de recollida de datos para realizar a súa denuncia, vostede acepta a política de privacidade.

Formulario