Centro residencial

Centros

Ofrecemos unha atención especializada a persoas maiores de 18 anos con discapacidade intelectual.

Este edificio tamén conta cun Centro de Día para persoas con discapacidade intelectual.

Esta Residencia é unha necesidade para moitas familias que teñen idade avanzada e non poden coidar do seu familiar con discapacidade.

Atendemos tamén a persoas con discapacidade intelectual con deterioro cognitivo causados pola idade e que necesitan de atención e apoios específicos.

Todas as persoas teñen un programa específico de actividades para manter e desenvolver as súas capacidades físicas e cognitivas.

Atendemos de forma individualizada as necesidades específicas das persoas en diferentes áreas como saúde, rehabilitación, apoio psicosocial, coidado persoal, talleres terapéuticos e lecer e tempo libre.