En Pontevedra e Cangas
O obxectivo deste servizo é facilitar os apoios necesarios para que as persoas sexan capaces de realizar un traballo o máis parecido posible ao ordinario. Se fomentan actitudes laboráis e trabállase para a realización de productos e servizos de calidade. Estos programas son levados a cabo por un equipo multidisciplinar de profesionais dos ámbitos psicolóxico, social e de diferentes especialidades laborais que desenvolven actuacións interprofesionais de carácter individualizado.
· Área Ocupacional: Ofrécese a formación e os apoios necesarios para que as persoas sexan capaces de realizar unha tarefa encamiñada á obtención de diferentes produtos ou servizos fomentándose a través de ela aspectos tales como o interés pola actividade laboral, o desenvolvemento de actitudes e aptitudes laborais e a adaptación ás normas laborais. · Área de Axuste Persoal e Social: Programas dirixidos á adquisición, mellora e mantemento dunha serie de habilidades e coñecementos capacitadores dunha vida máis autónoma e integradora. · Seccións Ocupacionais: Nos Centros Ocupacionais as persoas, ademais de poder mellorar diferentes aspectos relacionados coas súas habilidades persoais e sociais, poden desenvolver unha actividade prelaboral. A elección adecuada desta actividade realízase en función das súas características, necesidades e intereses persoais. Os produtos que se elaboran nos diferentes Talleres Ocupacionais están destinados a súa venda a particulares e/ou empresas adaptándoos sempre ás necesidades e gustos dos clientes. En Pontevedra contamos coas seguintes seccións: · Taller de Xardinería De
Dedicado á comprobación e montaxe en cadea de pezas do automóbil de diversa índole. Tamén se realizan nel outros traballos como: montaxe, empaquetado, manipulado, envasado de diferentes pezas segundo a demanda das empresas que solicitan os servizos.
A composición das fregonas é 100% algodón, obténdose así un produto de alta calidade. O traballo está realizado na súa totalidade polos usuarios do taller, acadándose deste xeito altos niveis de autonomía e gran satisfacción persoal, posto que posteriormente se comercializarán nos Supermercados Froiz.
· Taller Artesanía
Elabóranse una ampla selección de productos (caixiñas, bandexas, adornos, servilleteiros, xogos, bisutería…) realizados en materiais como barro, cartón pedra, cristal, esmalte,…
En Cangas son: · Taller de Manipulados
· Actividades de marquetería: deseño e elaboración de artigos diversos como trofeos, expositores de xoiería, xogos de enxenio, carteis… · Actividades de trapiño, crochet e costura: realizando diversos produtos como alfombras, bolsos, cestos, fundas de Tablet, mochilas de tea...
· Taller de Carpintería de Madeira
Para solicitar orzamento ou máis información, pode contactar connosco a través da seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo |

Centros Ocupacionais
|