Potenciamos a inclusión a través de diferentes programas de integración na comunidade, que á súa vez, melloran o benestar e a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. Para iso, recibimos unha subvención da Xunta de Galicia procedente do fondo europeo “Next Generation UE Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia” para a adquisición dunha furgoneta adaptada que facilitará os desprazamentos das persoas con discapacidade na realización de actividades integradoras na comunidade e que potencien ao máximo a socialización a través de diferentes programas de atención individualizada.