No Centro Educativo recibimos unha subvención da Xunta de Galicia procedente do fondo europeo “Next Generation UE Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia” para a adquisición dunha pantalla interactia con sistema OPS polo total do seu valor onde poder traballar os procesos de neurorehabilitación e estimulación cognitiva a través de aplicacións educativas.
Todas as nosas aulas dispoñen de pantallas dixitais e monitores onde utilizamos medios audiovisuais que nos axudan a dirixir a atención cunha dobre finalidade: educativa e lúdica.