A Asociación Juan XXIII dotou ás instalacións novas da súa Residencia e Centro de Día, de todo o equipamento informático necesario, televisores, pantallas dixitais, conexión de redes, etc. para a súa posta en marcha, coa axuda da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas na convocatoria de 2022. Esta subvención, xestionada a través da federación FADEMGA Plena inclusión Galicia, permitirá ofrecer unha moderna e innovadora calidade do servizo.
Xunto a esta importante axuda, así como á asignación de fondos propios da Asociación Juan XXIII, este proxecto será unha realidade proximamente onde veremos cumprida a necesidade das persoas que, polas súas diferentes circunstancias vitais, non poden ser atendidas polos seus familiares ou que desexen facer realidade o seu dereito vivir de forma independente, ben de forma temporal ou máis definitiva.