O pasado xoves 8 de outubro tivemos o pracer de recibir a visita do vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafa Domínguez, quen procedeu á entrega oficial das chaves do novo vehículo adquirido grazas ao programa Impulsa Benestar da Deputación de Pontevedra.

Esta incorporación supoñerá unha mellora notable no noso funcionamento cotián, ao facilitar o desenvolvemento do noso labor diario e favorecer a mobilidade de todas as persoas que formamos parte da Asociación Juan XXIII.

Durante o encontro, púxose de manifesto a nosa traxectoria de case sesenta anos, dedicada á formación, a inclusión e a promoción integral das persoas con discapacidade intelectual. Aproveitamos a ocasión para expresar o noso máis sincero agradecemento á Deputación polo seu apoio constante a nosa labor social.