Melloramos as instalacións do Centro Terapéutico Ocupacional de Cangas e a súa división interior, o que nos permitirá dispoñer dun espazo adicional e mellorar a calidade dos servizos que ofrecemos.
Agradecemos o apoio da Fundación ONCE coa concesión dunha subvención para o cofinanciamento das devanditas obras.