A Asociación Juan XXIII está comprometida co medio ambiente e co uso de enerxías renovables. Por iso, na Residencia con Centro de Día que o pasado mes de setembro abriu as súas portas, instaláronse placas fotovoltaicas co obxectivo de favorecer o autoconsumo e, por tanto, axudar a producir de forma responsable e sostible.
A esta redución nas emisións á contorna, hai que sumar o aforro enerxético, que contribuirá sen dúbida a realizar unha xestión máis eficiente dos recursos económicos que serán destinados a prestar apoios e servizos de calidade ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.
A adquisición destas placas solares foi en parte cofinanciada pola Fundación ONCE que destinou 20.000 € polo que agradecemos a súa contribución.