A Asociación Juan XXIII está comprometida co benestar das persoas con discapacidade intelectual, por iso realizou unha renovación integral do equipamento e o mobiliario da cociña do centro de Montecarrasco en Cangas do Morrazo.

A cociña do centro tiña máis de 20 anos e a súa distribución non era a máis axeitada en canto a funcionalidade, seguridade e eficiencia enerxética. Ademais, o longo dos anos se foi incrementando a ocupación do número de prazas e o espazo fixose pequeno para o número de comensais. Así, durante este ano 2025 e grazas a unha subvención concedida de 92.980,62 € pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e o IS para o ano 2024, modificamos a distribución, o mobiliario e o equipamento co fin de deseñar unha cociña máis funcional, con máis espazo, garantir a almacenaxe dos alimentos e dispoñer de electrodomésticos con calificación en eficiencia enerxética. Agradecemos o apoio da Xunta xa a que nos facilitará a elaboración de menús o cal repercutirá nunha mellora na calidade do servizo que ofrecemos.