A Asociación Juan XXIII está comprometida có benestar das persoas con discapacidade intelectual, polo que realizou unha importante mellora nas súas instalacións, concretamente no edificio da cociña e comedor de Pontevedra, que ten unha fachada exterior que estaba deteriorada, debido á presenza de fisuras e gretas polas que se producían filtracións de auga, aparición de fungos e desconchados de pintura.

O devandito inmoble foi reformado no seu interior en 2022, pero esta fachada quedou sen rehabilitar coa idea de facer unha intervención posterior debido ao seu elevado orzamento. Este ano 2024, grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades para o ano 2023, instalamos esta fachada ventilada que garante a súa impermeabilización e o seu illamento, tanto térmico como acústico.

Agradecemos á Xunta de Galicia a súa colaboración e a FADEMGA Plena inclusión Galicia a súa xestión, debido a que nos permitirá mellorar o confort, contribuír ao aforro enerxético e modernizar.