A Asociación expresa o seu agradecemento á Xunta de Galicia pola concesión dunha subvención no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), destinada a impulsar a ampliación e mellora do Centro Terapéutico Ocupacional e Diúrno de Cangas.

Esta axuda supón un respaldo fundamental para continuar desenvolvendo un modelo de atención centrado na persoa, reforzando os espazos e recursos necesarios para ofrecer intervencións terapéuticas de maior calidade, adaptadas ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. O financiamento permitirá dispoñer de instalacións máis amplas, mellorar a accesibilidade e adecuar novos espazos para servizos terapéuticos, ocupacionais e de apoio diúrno.

A Asociación destaca que o compromiso da Xunta de Galicia con proxectos sociais deste tipo contribúe directamente a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, favorecendo a súa participación activa na comunidade e garantindo os servizos terapéuticos que precisan.

Con esta subvención, a entidade reafirma a súa vontade de seguir avanzando na mellora continua dos recursos que ofrece, consolidando o Centro Terapéutico Ocupacional e Diúrno como un referente na comarca.