A Asociación Juan XXIII renova todo o mobiliario do comedor do seu Centro de Cangas, aproveitando a obra de ampliación do mesmo, grazas ao cofinanciamento da Fundación ONCE a través do programa PIR 2025.

Esta actuación permitiu mellorar o equipamento e as condicións de uso dun dos seus espazos principais, favorecendo unha contorna máis cómoda, funcional e accesible adaptándoo ás necesidades das persoas usuarias.

Este proxecto forma parte do compromiso da entidade coa mellora continua das súas instalacións e servizos, contribuíndo a ofrecer unha atención de maior calidade e benestar para as persoas que participan nas súas actividades.

Desexamos agradecer a colaboración da Fundación ONCE pola renovación do mobiliario do comedor, xa que nos permitirá mellorar o confort, a accesibilidade e, polo tanto, a calidade do servizo e o benestar das persoas con discapacidade intelectual.