Fundacion Juan XXIII

  • Instalacións O noso obxectivo é ofrecer Centros e Servizos de Calidade que dean resposta satisfactoria ás demandas dos nosos clientes
  • Persoas As persooas con discapacidade e as suas familias constituen o valor central da nosa organización
  • InclusiónDeseñamos programas e servizos para favorecer a inclusión social e a plena participación na comunidade das persoas con discapacidade intelectual
  • FormaciónNa etapa escolar a aprendizaxe personalizada oriéntase a que os alumnos adquiran as competencias necesarias para lograr un bo nivel de integración social e persoal
  • TraballoO traballo ocupacional supon unha opción de integración e desenvolvemento nunha contorna laboral, por medio dea cal e prestando os apoios axeitados, capacítase ás personas de cara a sua plena integración sociolaboral
  • RehabilitaciónA través dos diferentes servizos dirixidos á rehabilitación física potencia o benestar físico das persoas para mellorar a sua calidade de vida

FacebookTwitterYoutubeblogger

Sair de Lectura Fácil

MENU PRINCIPAL

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.


Venta de Produtos

escoitarescoitar

Lectura Facil

1. A Asociación

a. Presentación
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII constituíuse o 14 de xuño de 1968 como asociación sen ánimo de lucro para fomentar o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade intelectual.
A Asociación foi declarada de Utilidade Pública o 25 de xuño de 1971.

Algúns do seus principais fins son:
Fomentar o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade intelectual.
Velar polos dereitos das persoas e os das súas familias.
Apoiar ás familias
Promover actitudes reais e positivas na sociedade.
• Facilitar e promover a inclusión social e laboral.

A Asociación conta con 1 sede central, 1 Centro Educativo, 2 Centros de Día, 2 Centros Ocupacionais e 1 Vivenda Tutelada.
A Asociación presta servizo a case 185 persoas de preto de 18 concellos de toda a provincia de Pontevedra.


b. Datos identificativos
Razón social: ASOCIACIÓN JUAN XXIII
Domicilio: Rúa Eduardo Blanco Amor, 66  -  CP. 36003  -  Pontevedra
CIF: G-36012128
Forma Xurídica: ASOCIACIÓN


C. Composición da Xunta Directiva

  • Presidenta: Dona Mª Teresa Fernández Cabaleiro.
  • Vicepresidente: Don Antonio Jar Ramos.
  • Secretario: Don Alfonso Pérez Iglesias.
  • Tesourera: Dona Mª Carmen Puga Pereiro.
  • Vogais: Dona Concepción Sabell Salgués, Don Magín Alfredo Froiz Planes, Dona Mª del Carmen Moreira Montes y Dona Elvira Couso Suárez.

d. Historia
A evolución dos servizos e centros, de xeito resumido, foi a seguinte:
1968. Inicio da actividade con tres aulas de Educación Especial en Pontevedra.
1971. O Concello de Pontevedra cede a ‘Finca da Micaela’ con instalacións que se restauran para o Centro educativo.
1974. O Concello de Marín cede un colexio en Pardavila que se reforma e se adapta. Iníciase a actividade con 3 aulas de educación especial.
1975. Ampliación do Centro de Pontevedra
1977. Construción dun quiosco de venda de prensa e revistas no hospital Montecelo.
1983. Nova ampliación do centro de Pontevedra coa creación dun pavillón de piscina terapéutica.
1988. Instalación dun novo quiosco na rúa Joaquín Costa de Pontevedra
1992. Construción dun novo Pavillón en Pontevedra para instalar diferentes talleres, despachos e un salón de usos múltiples.
1997. Compra do terreo ‘Baxín’ en Cangas do Morrazo onde se ubicará un Centro Ocupacional e un Centro de Día.
1999. Inicio das actividades do Centro Ocupacional de Montecarrasco (Cangas) cun taller de carpintería de madeira, un taller de manipulados e unha unidade de Centro de Día.
Instalación dun novo quiosco no Hospital Provincial de Pontevedra.
2003. Compra dunha vivenda para que se convirta en piso tutelado.
2006. Entrada en funcionamento da vivenda tutelada, con servizos de respiro familiar en fin de semana.
Ampliación e reforma do Centro Ocupacional de Pontevedra
2008. Creación da Fundación para a Discapacidade e Emprego Juan XXIII.
Ampliación da capacidade dos Centros Ocupacionais e de día de Montecarrasco.
2012. Reforma e modernización do espazo de carpintería de Montecarrasco.


A ASOCIACIÓN JUAN XXIII foi distinguida moitas veces por organismos públicos e privados con premios como: Diploma de Honra pola Labor Social; Distinción ‘Amigos de Pontevedra’; Premio ‘Servir’ do Rotary Club; Premio Cidade de Pontevedra; Premio ao Deporte Integrado; Premio Carmen Ferro da Deputación de Pontevedra; Premio Deputación de Pontevedra na modalidade de Acción Social; ou o Premio Pontevedreses do Ano ao secretario da Asociación D. Alfonso Zulueta de Haz.


e. Misión, visión e valores

Misión
A misión da ASOCIACIÓN JUAN XXIII é prestar apoios e servizos de calidade ás necesidades e demandas dos usuarios para potenciar as súas capacidades e mellorar a súa calidade de vida persoal, social e familiar.

A nosa misión é prestar apoios e servizos de calidade ante as necesidades e demandas dos nosos usuarios e as súas familias.

Visión
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII quere ser unha entidade que facilite os apoios para que as persoas con discapacidade intelectual desenvolvan os seus proxectos persoais.

Queremosr ter un conxunto de profesionais ben formados que desenvolvan a súa labor do xeito máis eficaz, eficiente e comprometido coa misión e os valores da organización.

A Asociación quere ser unha organización en mellora permanente.


Valores

1. Referidos ás persoas:

Orientación ao cliente. Todas as actuacións da Asociación Juan XXIII teñen como eixo principal ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

Compromiso ético. Velarase polo trato digno, respectuoso e igualatorio ás persoas con discapacidade intelectual promovendo unha contorna de boa convivencia e tolerancia.

Xustiza. Traballamos para garantir os dereitos das persoas e a igualdade de oportunidades.

2. Referidos á sociedade:

Inclusión. Promóvese que as persoas con discapacidade intelectual convivan, participen, se socialicen e interactúen na súa comunidade.

Cambio social. levar a cabo accións que axuden a recoñecer o valor das persoas con discapacidade intelectual na sociedade.

3.  Referidos á calidade:

Calidade. Para a nosa organización a calidade e a mellora continua representan un compromiso ético coas persoas.

Competencia profesional. Recoñécese a obriga dunha cualificación e actualización permanente dos nosos profesionais así como a innovación en métodos e técnicas.

4. Referidos á organización:

Transparencia. A ética de actuación da nosa organización implica transparencia na xestión e honradez en todos os nosos comportamentos.

Proxecto común. As distintas persoas que formamos parte da Asociación Juan XXIII compartimos unha mesma cultura organizacional.


f. Calidade
A ASOCIACIÓN JUAN XXII entende a calidade como un dereito das persoas a recibir apoios dignos e significativos.
Dende xaneiro de 2008 a ASOCIACIÓN JUAN XXIII dispón dun sistema de Calidade de acordo á Norma UNE-EN-ISO-9001:2008.

Ademais, a Asociación foi a primeira en España en ter o certificado da etapa de Despliegue do Modelo de Calidad FEAPS (2009). Este modelo ten en conta 3 aspectos importantes: a calidade de vida, a ética e a xestión.
Actualmente a Asociación está comprometida con novos plans de acción para poder avanzar nas seguintes etapas do modelo de Calidade FEAPS.


2. Centros


a. Centros de Educación
Presentación
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII ten 1 Centros de Educación Especial en Pontevedra.
O obxectivo principal dos Centros de Educación é axudar á formación dos alumnos para que adquiran o maior grao de autonomía persoal e unha vida coa maior normalización posible, na súa contorna social e familiar.

As áreas de traballo
Os alumnos agrúpanse de xeito diferente segundo as actividades programadas.
Nas aulas hai profesores específicos de Educación Especial, pedagogos e mestres.

Para cada alumno elabórase un programa individual de intervención física, educativa, psicolóxica e familiar. Este programa adáptase á capacidade do alumno e ás súas estruturas de coñecemento persoais.

Os Centros Educativos ofrecen tamén servizos complementarios como:
• Orientación psicolóxica.
• Logopedia.
• Psicomotricidade.
• Fisioterapia.
• Traballo Social.
• Hidroterapia.


b. Centros Ocupacionais
Presentación
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII ten 2 Centros Ocupacionais: 1 en Pontevedra e 1 en Montecarrasco (Cangas do Morrazo).
Estes Centros están destinados a persoas adultas maiores de 18 anos con necesidade de apoios intermitentes ou limitados cuxa integración nun Centro Especial de Emprego ou no mercado laboral non sexa posible de xeito definitivo.

O obxectivo dos Centros Ocupacionais é proporcionar unha atención habilitadora integral mediante programas de formación ocupacional, persoal e social.

Os programas se levan a cabo por profesionais de disciplinas diferentes.

Áreas de traballo
Área ocupacional: ofrecer a formación e os apoios necesarios para que as persoas sexan capaces de realizar unha tarefa para obter diferentes produtos ou servizos.
Área de desenvolvemento persoal: con programas dirixidos á adquisición, mellora e mantemento de habilidades e coñecementos para unha vida máis autónoma e integradora.

Talleres Ocupacionais
Os produtos que se elaboran nos Talleres Ocupacionais están destinados á súa venda a particulares e/ou empresas adaptándoos sempre ás necesidades e gustos dos clientes.

As diferentes opcións de formación no Centro Ocupacional de Pontevedra son:

Taller de xardinería
Neste taller trabállase para a formación en actividades como: corte de herba, poda de árbores, setos e plantas, creación de xardíns, abonado e cambios de terra, desbroce de restes vexetais, plantacións e mantemento de zonas verdes.

Taller de automoción – Manipulados
Neste taller compróbanse e móntanse en cadea pezas de automóbil. Tamén se realizan traballos como montaxe, empaquetado, manipulado, envasado de diferentes pezas segundo a demanda das empresas que soliciten os servizos.

Taller de fregonas
Neste taller realízase todo o proceso do produto, dende a recepción do material ata o empaquetado final.

Taller de encadernación
Neste taller realízase a encadernación de xeito artesanal con diferentes materiais.

Taller de artesanía
As tarefas deste taller céntranse na creación artesanal de pezas de decoración e artigos de regalo.

As diferentes opcións de formación no Centro Ocupacional de Cangas son:

Taller de carpintería de madeira
Neste taller acóllense todas as propostas e se trasladan á madeira, sempre coidando ó máximo todos os detalles. Aquí deséñanse e fabrícanse mobles, papeleiras, xardineiras e máis produtos.
Taller de manipulados
Na actualidade as actividades que se realizan neste taller agrúpanse en 4 bloques:
Actividades de reciclado e artesanía: papel reciclado para tarxetas e invitacións, libretas e lapiseiros, marcapáxinas, portabolígrafos de peto, pintura en tea e madeira, pulseiras, velas, xabóns…
Actividades de manipulado para empresas: montaxe, revisión e empaquetado de diversos produtos.
Actividades de marquetería: trofeos, expositores de xoiaría, xogos de inxenio, cartelería, decoración…
Actividades de trapillo, crochet e costura: alfombras, botelleiros, bolsos, cestes, mochilas de tea, bufandas…
Catálogo de produtos

Para solicitar presuposto ou máis información, podes poñerte en contacto con nós a través da seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


c. Centros de día
Presentación
Nos Centros de Día ofrécese unha atención especializada a persoas maiores de 18 anos con discapacidade intelectual que teñan necesidades de apoio de carácter extenso ou xeneralizado para o desenvolvemento das actividades básicas da vida.

O obxectivo dos Centros de Día é ofrecer servizos que combinen o coidado, a estimulación, a rehabilitación, a integración, o ocio e a participación.
Ademais, inténtase que a vida nestas unidades sexa o máis familiar posible, cun respecto absoluto á individualidade e á intimidade da persoa.

Áreas de traballo
a. De Desenvolvemento Persoal e Social: actividades dirixidas a acadar maiores graos de autonomía no funcionamento persoal no fogar e as súas habilidades sociais.

b. De rehabilitación: actividades dirixidas a estimular e aumentar as capacidades físicas á vez que se intentan corrixir ou deter anomalías funcionais que poidan presentar os usuarios.

c. Vivenda tutelada

Presentación
A vivenda tutelada está situada en Pontevedra e ten unha capacidade para 8 persoas.
O seu horario de funcionamento é de 17.00 horas do venres ás 17.00 horas do domingo.
A vivenda tutelada permite ás persoas con discapacidade intelectual acadar unha maior autonomía no fogar e no ocio.
A vivenda está destinada ás persoas con discapacidade intelectual da Asociación Juan XXIII e de outras entidades, que necesiten apoios intermitentes ou limitados.

Os obxectivos da Vivenda Tutelada céntranse:
No ámbito da persoa: acadar máis habilidades na xestión do fogar, no desenvolvemento autónomo na vida asociativa e da comunidade e favorecer a autoxestión.
No ámbito familiar: ofrecer servizos de atención temporal a curto prazo para liberar ós familiares, previr situacións de crises persoais e/ou familiares e ofrecer contornas para adestrar habilidades de autonomía persoal e social.

Áreas de traballo
A vivenda tutelada ofrece servizos de axuste persoal e social prestándolle ós usuarios os apoios que precisen nas seguintes áreas:
• Autocoidado
• Vida no fogar
• Habilidades para o mantemento da saúde e a seguridade
• Habilidades de ocio
• Uso da comunidade
• Habilidades sociais

3. Servizos
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII ofrece servizos que complementan a actividade do seus centros.
Estes servizos están encamiñados ó desenvolvemento persoal e ó apoio familiar e intentan dar resposta ás necesidades de ocio e deporte dos usuarios dos centros.

a. Atención psicolóxica
Dende este servizo aplícanse técnicas de avaliación e intervención. Deséñanse e realízase un seguimento e avaliación do Plan de Intervención Individual de cada persoa. Ofrécese asesoramento e formación a familias. Ofrécese orientación e apoios ós profesionais de atención directa.


b. Traballo social
Este servizo ocúpase de canalizar a atención ás familias, o programa de voluntariado e o asesoramento de tramitación legais ós usuarios dos centros.
Algunhas das actividades que coordina o servizo de traballo social son:
• Tramitar becas dos usuarios dos centros educativos.
Solicitar axudas individuais para os usuarios.
Estudar e tramitar as pensións para as familias.
Colaborar na tramitación das solicitudes de subvencións.

c. Logopedia
O servizo de logopedia proporciona un medio para que as persoas con discapacidade intelectual acaden unha comunicación funcional a través da fala e/ou a comunicación alternativa e aumentativa.

d. Axuste Integral
Os usuarios dos Centros Ocupacionais acoden ó servizo de Axuste persoal e social para mellorar o seu desenvolvemento integral.
Neste servizo se traballan 4 áreas fundamentais:
O desenvolvemento persoal.
A estimulación cognitiva.
As habilidades sociais.
A participación social.

e. Fisioterapia
Na ASOCIACIÓN JUAN XXIII lévase a cabo un Programa de rehabilitación e saúde que busca:
Manter un bo control postural.
Diminuír ou eliminar dores músculo – esqueléticos.
Flexibilizar a musculatura.
• Reforzar o coñecemento e interiorización do esquema corporal.
• Aprender a controlar os estados tensionais e/ou a ansiedade.

As sesións de fisioterapia lévanse a cabo na sala de fisioterapia, o ximnasio e a piscina terapéutica.


f. Hidroterapia
Este servizo lévase a cabo na piscina terapéutica e emprega a auga como axente terapéutico.
Coa hidroterapia trátanse moitas patoloxías coma traumatismos, reumatismos, dixestivos, respiratorios ou neurolóxicos.

g. Club Polideportivo
No Club Polideportivo realízanse actividades nas que os usuarios atopan o mellor camiño para ocupar o seu tempo libre.
Os usuarios practican modalidades como a natación, atletismo, fútbol sala, campo a través… e participan en competicións autonómicas, nacionais e internacionais.

h. Comedor
No comedor da Asociación ofrécese un menú san e equilibrado baixo control sanitario para garantir a boa alimentación dos usuarios.
Tamén se elaboran menús especiais para os usuarios que precisen unha dieta ou réxime alimenticio.

i. Transporte
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII dispón dun servizo de transporte que empregan case todos os usuarios.
As rutas pasan por 11 municipios da provincia de Pontevedra.


4. Programas

a. Ocio e vacacións
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII realiza actividades para cubrir as necesidades de ocio e gozo dos usuarios e promover a participación en actividades da comunidade. As actividades favorecen a integración social, as relacións interpersoais e o ocio normalizado.
Estas actividades soen ser:
Culturais: teatro, cine, espectáculos, exposicións…
Festivas: Nadal, entroido, magosto
Lúdicas e de ocio: saídas, viaxes, excursións, campamentos…

b. Autoxestores
As persoas con discapacidade intelectual deben ser portavoces das súas propias vidas.
Dende o programa de Autoxestores favorécese a autorepresentación das persoas para que adquiran e melloren as súas habilidades de comunicación e autonomía persoal e social.

O grupo de autoxestores reúnese de xeito periódico cunha persoa de apoio para analizar cuestións que lles preocupan, defender os seus dereitos e aprender a tomar decisións.
O grupo de Autoxestores de Juan XXIII está coordinado a través da rede de entidades asociadas a FEAPS (Confederación Española de Organizacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento) Madrid.

c. Inclusión Social.
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII realiza accións para acadar a igualdade de oportunidades e a vida o máis independente posible das persoas con discapacidade intelectual.
Realízanse diferentes actividades nos seguintes ámbitos:
• A preparación para a vida autónoma.
• O uso da comunidade.
• O ocio e a cultura.
• O acceso e formación para o emprego.
• O desenvolvemento persoal.


d. Envellecemento Activo

Dende o servizo de Atención Psicolóxica se detectan e se valoran os indicios do proceso de envellecemento para ofrecer un plan de apoio específico para cada persoa.
Ademais, os profesionais fórmanse para axudar a facer máis lento o deterioro das persoas e a potenciar as súas capacidades.

e. Coidamos a túa Saúde
A saúde e o benestar físico dos usuarios é un obxectivo fundamental para o desenvolvemento persoal.
Dende o programa ‘Coidamos a túa saúde’ realízanse actividades como Aerobic, Aquagym, Psicomotricidade e Baile para mellorar e manter a saúde das persoas.

f. Sensibilización á Comunidade
A ASOCIACIÓN JUAN XXIII leva a cabo un Programa de Sensibilización para facilitar a inclusión real e efectiva das persoas con discapacidade intelectual.
Este programa realiza accións dirixidas a cada un dos ámbitos da nosa sociedade: mozos, institucións, empregadores, medios de comunicación…
As actividades do Programa de Sensibilización á Comunidade consisten en ofrecer accións de formación e realizar actividades con outros centros, asociacións ou colectivos e ofrecer a posibilidade de visitar as instalacións da Asociación.


g. Orientación Laboral
A través deste programa, os usuarios da ASOCIACIÓN JUAN XXIII dispoñen de accións formativas e de orientación para potenciar a súa inserción laboral.
O obxectivo é mellorar a autonomía social, os coñecementos, as habilidades e potenciar a contratación das persoas con discapacidade intelectual nas empresas.

h. Familias en Acción
Familias en Acción busca crear un espazo de encontro, reflexión e comunicación para as familias.
Este programa leva a cabo accións informativas, formativas e de apoio para aumentar os coñecementos e destrezas das familias e favorecer un entorno familiar adecuado e integrador.

i. Teatro

Co proxecto ‘Inter-actúa-co-teatro’ búscanse dous obxectivos:
Potenciar a capacidade de expresión e de comunicación das persoas con discapacidade intelectual.
Empregar o teatro como ferramenta de integración das persoas con discapacidade intelectual na comunidade.
A través do teatro búscase desenvolver as capacidades artísticas e expresivas dos usuarios da Asociación.

Poderás estar informado das diferentes representacións que leven a cabo os nosos grupos de teatro a través da sección de Noticias desta web.

J. Voluntariado
Os obxectivos do programa de voluntariado son os seguintes
Promover a participación de persoas voluntarias dentro da Asociación.
Potenciar e facilitar a integración social das persoas con discapacidade intelectual eliminando as barreiras que existen na comunidade.
Xerar espazos de encontro onde a persoa voluntaria poida compartir experiencias.

Se queres ser voluntario ou queres recibir máis información sobre as actividades nas que podes colaborar, non dubides en poñerte en contacto con nós aquí.

 

Política Protección de datos

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS.

A Asociación Juan XXIII, con dirección de correo electrónico de contacto info@asociacionjuanxxiii.org informa a os usuarios acerca da súa política de protección de datos de carácter persoal. Deste xeito, os Usuarios deciden libre e voluntariamente se desexan facilitar á Asociación Juan XXIII os Datos Persoais que se lles poidan requerir ou que se poidan obter dos Usuarios con ocasión das relacións comerciais, cumplimentación de formularios ofrecidos pola Asociación Juan XXIII na sua páxina web.

A empresa resérvase o dereito a modificar a presente Política de Privacidade en función das novedades lexislativas, xurisprudenciais ou de autorregulación que se produzcan. Tales modificacións, serán anunciadas nesta páxina con razonable antelación a sua entrada en vigor.

Os Datos Personais recollidos se incorporarán a un Ficheiro inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, independientemente do formulario utilizado para o envío de información. Este Ficheiro inscribese coma “Contacto web” coa finalidade de atender a sua consulta e/ou solicitude de información.

Unha vez que os datos recibidos a través da consulta, estos poden incorporarse a outros Ficheiros que teñen unha finalidade distinta e que está determinada pola propia función do formulario, así no caso dos voluntarios que desexan participar nas actividades da asociación, os datos recollidos se incorporan ao Ficheiro “Voluntarios” coa finalidade de xestionar dito servizo.

No caso do formulario para socios, os datos personais facilitados se incorporan a un Ficheiro denominado “Socios” coa finalidade de xestionar a sua solicitude.

Os datos obtidos a través dos formularios desta páxina non serán cedidos a terceiros. A Asociación Juan XXIII pode usalos para poñerse en contacto con ditas finalidades cos interesados. No caso de que se produzca algunha cesión a Asociación Juan XXIII solicitará o correspondente consentimento dos interesados, informando do destinatario e da finalidade da cesión.

A Asociación Juan XXIII adopta os niveis de seguridade de protección dos Datos Persoais legalmente requeridos, e ditos niveis estarán acordes coa evolución do estado da técnica e a lexislación vixente.

Os Usuarios teñen recoñecidos e poderán exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición, así coma teñen recoñécido o dereito a ser informados das cesións de datos realizadas contactando coa Asociación Juan XXIII a través do correo electrónico info@asociacionjuanxxiii.org ou por correo ordinario na dirección, Asociación Juan XXIII C/ Eduardo Blanco Amor 66, 36003, Pontevedra, indicando claramente o dereito que quere exercer.

Aviso Legal


1. AVISO LEGAL

1. A utilización deste espazo web está suxeita á aceptación plena por parte do Usuario destas condicións de uso, ou ben daquelas que se atopen vixentes en cada momento en que o usuario acceda ao mesmo.

2. Só se permite o acceso a este sitio así coma o seu uso con fins lícitos, axustándose en todo momento o seu uso ás Condicións Xerais, a ley aplicable en cada momento, así como a moral, boas costumes e orde público.

3. A Asociación Juan XXIII resérvase o dereito unilateral de modificar en calquer momento as presentes condicións de uso. Tamén se reserva o dereito a modificar en calquer momento a presentación, configuración e localización do Sitio Web, así coma os contidos e as condicións requeridas para utilizar os mesmos.

4. A Asociación Juan XXIII resérvase o dereito de por en coñecemento da Autoridade competente calquer outro uso que poida atentar contra os seus intereses ou dereitos ou poidan ser constitutivos de delito.

6. A Asociación Juan XXIII resérvase o dereito a poñer fin a este servizo web en calquer momento sen mais requisito que o aviso nas presentes condicións con 15 días de antelación.

 

2. CLÁUSULA DE EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

1. A Asociación Juan XXIII, non puede garantizar a disponibilidade permanente do servizo que ofrece este sitio, nin se fai responsable de calesquera danos e perxuizos producidos ou que poidan producirse no futuro, nin dos defectos técnicos, calqiera que sexa a sua natureza, que se deriven do uso da información contida na Web deste sitio.

2. No de que, por un ataque informático, se producisen erros na información facilitada, a Asociación Juan XXIII no se fai responsable de tales erros así coma dos danos causados polo uso da información derivada de ditos erros.

3.Ol contido desta web e meramente informativo, nof facendose responsable en ningún momento acerca dos posibles erros producidos na sua presentación. Se desexa información mais detallada, pode porse en contacto a través da dirección de correo electrónico info@asociacionjuanxxiii.org ou ben por teléfono 986 855 018.

 

3. RÉXIME DE PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL

1. A propiedade industrial e intelectual de cantos logos, emblemas, ou cualquer elemento incorporado no diseño deste sitio pertence en exclusiva á Asociación Juan XXIII. Os elementos desta web sobre os que a Asociación Juan XXIII non ten dereitos de propiedade intelectual ou industrial son usados co correspondente permiso.

2. Queda prohibida a reproducción de todo ou parte do contido desta web en ningunha forma nin en ningún medio, a menos que se conte coa autorización previa, por escrito, da Asociación Juan XXIII.

3. Calquier violación dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial deste portal ou os elementos da Asociación Juan XXIII, será obxecto das oportunas medidas legais para lograr a protección de éstos.

 

4. LEXISLACIÓN APLICABLE

1. A Asociación Juan XXIII informa que este sitio web se atopa aloxado en España, país no que ofrece os seus servizos, e por elo a única lexislación aplicable para resolver calquer conflicto respecto á interpretación destas condicións, e a lexislación española, así coma os Tratados Internacionais que suscriba España.

2. Mediante a aceptación das presentes Condiciónx Xerais, o usuario se somete á xurisdicción dos Tribunais da cidade de Pontevedra, para resolver calquer controversia relacionada co apartado anterior.

 

COMO POÑERSE EN CONTACTO

Se desexa aclarar calquer aspecto acerca das condicións de uso descritas, pode dirixirse ás seguientes direccóns:

info@asociacionjuanxxiii.org se o fai a través de correo electrónico ou been por escrito a

Asociación Juan XXIII

C/ Eduardo Blanco Amor 66, 36003, Pontevedra.

 

DATOS IDENTIFICATIVOS DO PRESTADOR DE SERVIZOS

Asociación Juan XXIII

Domicilio Social: C/ Eduardo Blanco Amor 66, 36003, Pontevedra

Teléfono  +34 986 855 018

Fax +34 986-868.495

info@asociacionjuanxxiii.org

Número de Identificación Fiscal: G-36.012.128

Fondos Publicos


FONDOS PUBLICOS:

Os datos referidos a subvencion son os seguintes:
data da resolucion de concesion: 2 setembro de 2011
Data da publicacion no diario oficial de galicia: 26 octubro de 2011
Norma reguladora: Procedemento administrativo PR521A_2011
Organo concedente: Secretaria Xeral de Modernizacion o Innovacion Tecnoloxica
Credito orzamentario: 1.000.000 euros.
Contía e finalizade da subvencion concedida: Con motivo de estender a xeneralizar o uso das Tecnoloxías da información e da Comunicación entre os distintos Centros e Servizos dependentes e as persoas que conforman a Asociación Juan XXIII ( alunnos,usuarios,profesionais e voluntarios) a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e innovación Tecnolóxica de Presidencia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), condedeunos unha axuda económica de 21.195,66 euros para adquisición e instalación de equipamento informático (23 equipos instalados en rede).

 

DESCARGAR MEMORIA
i l n j