A Asociación Juan XXIII que ten como misión prestar apoios e servizos de calidade ante as necesidades e demandas das persoas con discapacidade intelectual, tamén centra os seus servizos e programas para apoiar ás familias desde o primeiro momento. Somos coñecedores de que as familias con membros que teñen discapacidade constitúen un grupo poboacional con necesidades e demandas propias que non adoitan atenderse adecuadamente, debido a que se priorizan as actuacións dirixidas directamente ás persoas con discapacidade, pero non existe unha consideración específica respecto das súas familias. Por iso, desde a nosa entidade, poñemos en marcha, nesta ocasión, un Programa de respiro familiar que leva o nome: “Coidando ao Coidador”, dirixido ás familias do alumnado do noso Colexio de Educación Especial, grazas á colaboración dunha subvención outorgada pola Fundación Inocente Inocente. Con este programa quixemos poñer en valor e recoñecer o gran labor que fan as nosas familias, un labor cargado dunha alta esixencia en coidados e dedicación que lles obriga a prescindir dese tempo necesario e desexable de descanso e goce persoal. Para a familia é un gran desafío delegar a responsabilidade deste coidado noutras persoas, pero cando se trata da súa propia Asociación se senten máis seguros e confiados. Con este fin, e enmarcados dentro deste programa, desde a entidade xestionamos e organizamos un Campamento de verán, dúas estancias semanais nunha Vivenda Tutelada e varios Encontros e Actividades de Convivencia entre familiares que sen dúbida axudarán a mellorar a súa calidade de vida. Todo iso sen custo algún grazas á Fundación. O que sabemos é outro aliciente á participación xa que o coidado dunha persoa con discapacidade intelectual provoca, con frecuencia, que un dos proxenitores deixen de traballar para poder atendelo coa conseguinte redución de ingresos familiares e todo o que iso implica. Por todo iso, aplaudimos e agradecemos colaboracións como esta. |

Apoiamos a Calidade de Vida Familiar en colaboración coa Fundación Inocente Inocente
|