A Asociación Juan XXIII constituíuse o 14 de xuño de 1968 e creouse grazas á iniciativa e ó traballo dun grupo de persoas totalmente altruistas e emprendedoras, sendo declarada de Utilidade Pública o 25 de xuño de 1971. A evolución dos Servizos e das infraestruturas da Asociación, foi a seguinte: 1968. Inicio da actividade con tres aulas de Educación Especial en Pontevedra. 1971. O Concello de Pontevedra cede a 'Finca de Micaela' cun conxunto de instalacións que se restauraron e adecuaron ás necesidades do centro. 1974. O concello de Marín cede un colexio en Pardavila que se reforma e adapta ás necesidades, ampliando así o radio de acción xeográfica. 1975. Ampliación do Centro de Pontevedra coa construción dun pavillón de Talleres Ocupacionais, outro de cociña - comedor e un terceiro para o ximnasio. 1977. Construción dun quiosco de venda de prensa e revistas no Hospital Montecelo, no que se dá emprego a dúas persoas con disCapacidade. 1983. Nova ampliación do Centro de Pontevedra coa creación dun pavillón de piscina terapéutica 1988. Instalación dun novo quiosco na rúa Joaquín Costa de Pontevedra que se autoriza como Centro Especial de Emprego. 1992. Construción dun novo pavillón en Pontevedra para instalar diferentes talleres, despachos e un salón de usos múltiples. 1997. Compra do terreo 'Baxín' en Cangas do Morrazo destinada a un Centro ocupacional e Centro de Día. 1999. Inicio das actividades do Centro Cangas cun taller de carpintaría de madeira e outro de manipulados. Tamén se habilita unha unidade de Centro de Día. · Instalación dun novo quiosco na entrada principal do Hospital Provincialde Pontevedra creando dous novos postos de traballo para persoas con disCapacidade intelectual. 2003. Compra dunha vivenda destinada a piso tutelado 2006. Entrada en funcionamento da vivenda tutelada con servizos de respiro familiar durante os fins de semana. · Ampliación e reforma do centro ocupacional de Pontevedra grazas á reestruturación do Pavillón de talleres e ximnasio. 2008. Creación da Fundación para a DisCapacidade e Emprego Juan XXIII para impulsar e dinamizar o emprego de persoas con disCapacidade. Traspásase integramente á Fundación o Centro Especial de Emprego da Asociación. · Ampliación da capacidade dos Centros Ocupacionais e de Día de Cangas2012. Reforma e modernización da nave de carpintaría de Montecarrasco. 2013. O concello de Pontevedra cede dúas parcelas anexas ás instalacións do Centro de Pontevedra para a construcción dun Centro de Día e Residencial |

Evolución Histórica de Infraestruturas e Centros
|