Fundacion Juan XXIII

  • Instalacións O noso obxectivo é ofrecer Centros e Servizos de Calidade que dean resposta satisfactoria ás demandas dos nosos clientes
  • Persoas As persooas con discapacidade e as suas familias constituen o valor central da nosa organización
  • InclusiónDeseñamos programas e servizos para favorecer a inclusión social e a plena participación na comunidade das persoas con discapacidade intelectual
  • FormaciónNa etapa escolar a aprendizaxe personalizada oriéntase a que os alumnos adquiran as competencias necesarias para lograr un bo nivel de integración social e persoal
  • TraballoO traballo ocupacional supon unha opción de integración e desenvolvemento nunha contorna laboral, por medio dea cal e prestando os apoios axeitados, capacítase ás personas de cara a sua plena integración sociolaboral
  • RehabilitaciónA través dos diferentes servizos dirixidos á rehabilitación física potencia o benestar físico das persoas para mellorar a sua calidade de vida

FacebookTwitterYoutube

Hosting por

MENU PRINCIPAL

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.


escucharescuchar

Novas


Apoiamos a Calidade de Vida Familiar en colaboración coa Fundación Inocente Inocente

Fundación Inocente Inocente

A Asociación Juan XXIII que ten como misión prestar apoios e servizos de calidade ante as necesidades e demandas das persoas con discapacidade intelectual, tamén centra os seus servizos e programas para apoiar ás familias desde o primeiro momento. Somos coñecedores de que as familias con membros que teñen discapacidade constitúen un grupo poboacional con necesidades e demandas propias que non adoitan atenderse adecuadamente, debido a que se priorizan as actuacións dirixidas directamente ás persoas con discapacidade, pero non existe unha consideración específica respecto das súas familias.

Por iso, desde a nosa entidade, poñemos en marcha, nesta ocasión, un Programa de respiro familiar que leva o nome: “Coidando ao Coidador”, dirixido ás familias do alumnado do noso Colexio de Educación Especial, grazas á colaboración dunha subvención outorgada pola Fundación Inocente Inocente. Con este programa quixemos poñer en valor e recoñecer o gran labor que fan as nosas familias, un labor cargado dunha alta esixencia en coidados e dedicación que lles obriga a prescindir dese tempo necesario e desexable de descanso e goce persoal. Para a familia é un gran desafío delegar a responsabilidade deste coidado noutras persoas, pero cando se trata da súa propia Asociación se senten máis seguros e confiados.

 
Proxecto Residencia con Centro de Día

Residencia

A Asociación Juan XXIII continua co seu proxecto máis ambicioso consistente na construción e posta en marcha dunha Residencia e Centro de Día que dea resposta ás necesidades que demandan as persoas con discapacidade intelectual e que contribúa a mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias. Deste xeito, preténdese que cando a persoa con discapacidade non poida vivir soa ou coa súa familia por calquera circunstancia, terá a facilidade de dispoñer dunhas instalacións axeitadas, onde reciba todos os apoios que precisa. A realización deste proxecto, tamén supón unha oportunidade para facer valer o seu dereito para vivir de forma independente e ser incluído na comunidade.

 
Lotería de Nadal

Xa temos lotería de Nadal. Atréveste a soñar connosco?

 
Valores da Asociación Juan XXIII

A Asociación Juan XXIII é unha organización dedicada á formación e promoción das persoas con Discapacidade intelectual. Os nosos valores amosan o noso compromiso e responsabilidade coa calidade, a sociedade, as persoas e a organización.

 
Respiro Familiar en agosto

Respiro familiar

Este grupo de usuarios gozou do servizo de Respiro Familiar na Vivenda Tutelada grazas á Deputación de Pontevedra a quen agradecemos a súa colaboración posto que tamén posibilita un respiro as súas familias.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
Páxina 1 de 31

i l n j