Fundacion Juan XXIII

  • Instalacións O noso obxectivo é ofrecer Centros e Servizos de Calidade que dean resposta satisfactoria ás demandas dos nosos clientes
  • Persoas As persooas con discapacidade e as suas familias constituen o valor central da nosa organización
  • InclusiónDeseñamos programas e servizos para favorecer a inclusión social e a plena participación na comunidade das persoas con discapacidade intelectual
  • FormaciónNa etapa escolar a aprendizaxe personalizada oriéntase a que os alumnos adquiran as competencias necesarias para lograr un bo nivel de integración social e persoal
  • TraballoO traballo ocupacional supon unha opción de integración e desenvolvemento nunha contorna laboral, por medio dea cal e prestando os apoios axeitados, capacítase ás personas de cara a sua plena integración sociolaboral
  • RehabilitaciónA través dos diferentes servizos dirixidos á rehabilitación física potencia o benestar físico das persoas para mellorar a sua calidade de vida

FacebookTwitterYoutube

MENU PRINCIPAL

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.


escoitarescoitar

Misión, Visión e Valores

MISIÓN

A Asociación Juan XXIII é unha organización dedicada á formación e promoción das  persoas con discapacidade intelectual. A nosa misión é prestar apoios e servizos de calidade ante as necesidades e demandas dos nosos usuarios e as súas familias, asemade de favorecer o seu desenvolvemento integral,   potenciar as súas capacidades e mellorar a súa calidade de vida persoal, social e familiar. Traballamos para promover a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito nunha sociedade máis xusta e solidaria.


VISIÓN

A Asociación Juan XXIII quere ser unha entidade que facilite os apoios para que as persoas con discapacidade intelectual desenvolvan os seus proxectos persoais. Para iso, traballa por ter un conxunto de profesionais ben formados que desenvolvan o seu labor do modo máis eficaz, eficiente e comprometido coa misión e os valores da organización. Queremos ser unha organización en mellora permanente.


VALORES

1. Referidos ás persoas:

Orientación ao cliente. Todas as actuacións da Asociación Juan XXIII teñen como eixo principal ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

Compromiso ético. Velarase polo trato digno, respectuoso e igualatorio ás persoas con discapacidade intelectual promovendo unha contorna de boa convivencia e tolerancia.

Xustiza. Traballamos para garantir os dereitos das persoas e a igualdade de oportunidades.

2. Referidos á sociedade:

Inclusión. Promóvese que as persoas con discapacidade intelectual convivan, participen, se socialicen e interactúen na súa comunidade.

Cambio social. levar a cabo accións que axuden a recoñecer o valor das persoas con discapacidade intelectual na sociedade.

3. Referidos á calidade:

Calidade. Para a nosa organización a calidade e a mellora continua representan un compromiso ético coas persoas.

Competencia profesional. Recoñécese a obriga dunha cualificación e actualización permanente dos nosos profesionais así como a innovación en métodos e técnicas.

4. Referidos á organización:

Transparencia. A ética de actuación da nosa organización implica transparencia na xestión e honradez en todos os nosos comportamentos.

Proxecto común. As distintas persoas que formamos parte da Asociación Juan XXIII compartimos unha mesma cultura organizacional.

 

 

i l n j