Fundacion Juan XXIII

  • Instalacións O noso obxectivo é ofrecer Centros e Servizos de Calidade que dean resposta satisfactoria ás demandas dos nosos clientes
  • Persoas As persooas con discapacidade e as suas familias constituen o valor central da nosa organización
  • InclusiónDeseñamos programas e servizos para favorecer a inclusión social e a plena participación na comunidade das persoas con discapacidade intelectual
  • FormaciónNa etapa escolar a aprendizaxe personalizada oriéntase a que os alumnos adquiran as competencias necesarias para lograr un bo nivel de integración social e persoal
  • TraballoO traballo ocupacional supon unha opción de integración e desenvolvemento nunha contorna laboral, por medio dea cal e prestando os apoios axeitados, capacítase ás personas de cara a sua plena integración sociolaboral
  • RehabilitaciónA través dos diferentes servizos dirixidos á rehabilitación física potencia o benestar físico das persoas para mellorar a sua calidade de vida

FacebookTwitterYoutube

MENU PRINCIPAL

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.


escoitarescoitar

Centros de Día

Centro de Día Nos Centros de Día ofrécese unha atención especializada a persoas maiores de 18 anos con disCapacidade intelectual e necesidades de apoio de carácter extenso ou xeneralizado para o desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria.

Tras a evolución das necesidades e intereses da persoa nas diferentes áreas de actuación, elabórase o plan de traballo individual no que se reflexan obxectivos e posteriormente se establecen as actividades necesarias para conseguilos.

Coa programación e execución de obxectivos e actividades significativas para a persoa  preténdese incidir positivamente no desenvolvemento físico, o axuste conductual e de personalidade e a adquisición dunha serie de habilidades que poidan xeneralizar e transferir á súa propia vida no fogar e na súa contorna o que implicará unha mellora da autonomía e do benestar emocional.

O OBXECTIVO dos Centros de Día é ofrecer unha serie de servizos onde se combinen o coidado, a estimulación, a rehabilitación, o ocio e a participación. Trátase ademais, de que a vida nestas unidades sexa o máis familiar posible, cun respecto absoluto á individualidade e á intimidade da persoa.


· Áreas de traballo

· Do Desenvolvemento Persoal e Social: dirixidas a posibilitar maiores graos de autonomía no seu funcionamento persoal (autocuidado, alimentación, saúde…) no fogar e nas súas habilidades sociais (relacións interpersoais, uso dos servizos da comunidade…).

· Rehabilitadora: actividades dirixidas a estimular e aumentar as súas capacidades físicas á vez que se intenta corrixir ou deter as anomalías funcionais que poidan presentar os usuarios.

 

i l n j