Fundacion Juan XXIII

  • Instalacións O noso obxectivo é ofrecer Centros e Servizos de Calidade que dean resposta satisfactoria ás demandas dos nosos clientes
  • Persoas As persooas con discapacidade e as suas familias constituen o valor central da nosa organización
  • InclusiónDeseñamos programas e servizos para favorecer a inclusión social e a plena participación na comunidade das persoas con discapacidade intelectual
  • FormaciónNa etapa escolar a aprendizaxe personalizada oriéntase a que os alumnos adquiran as competencias necesarias para lograr un bo nivel de integración social e persoal
  • TraballoO traballo ocupacional supon unha opción de integración e desenvolvemento nunha contorna laboral, por medio dea cal e prestando os apoios axeitados, capacítase ás personas de cara a sua plena integración sociolaboral
  • RehabilitaciónA través dos diferentes servizos dirixidos á rehabilitación física potencia o benestar físico das persoas para mellorar a sua calidade de vida

FacebookTwitterYoutube

MENU PRINCIPAL

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.


escoitarescoitar

Hefesto 2014 pecha a edición anual cun acto o Día Internacional da Discapacidade

O programa Hefesto 2014 pecha a edición anual cun acto o Día Internacional da Discapacidade, no Teatro Principal de Pontevedra, a partir das 20.00 horas. Esta iniciativa, na que participa a Asociación Juan XXIII, caracterízase por dar voz ás persoas con capacidades diferentes, aumentando a súa presenza en diferentes disciplinas e expresións culturais do municipio.

Acto de presentación na sala de prensa do concello de Pontevedra

Entre as diversas actividades destaca o documental que será publicado na plataforma de Youtube, o luns 8 de decembro, no que se recompilan imaxes dos momentos máis importantes do acto de clausura. A organización agarda rexistrar un número maior de visitas con respecto ao pasado ano.

Diversas organizacións sociais da capital e bisbarra sumáronse a este programa cun apoio decido para fomentar a inclusión das persoas con discapacidade: AmizadeDown-Pontevedra, Xuntos, Alba, Amencer, Aspace-Galicia e Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra.

A concellaría de Benestar Social de Pontevedra, a través da programación da Casa Azul, é a promotora desta cita que camiña cara á consolidación. Se tratada dunha intervención innovadora e atractiva que intenta conectar "mundos" onde normalmente teñen un difícil acceso as persoas con discapacidade.

Segundo as previsións municipais, planifícase xa unha nova edición de Hefesto 2015 ante a notable resposta do tecido social e a sociedade en xeral.

 

i l n j