Fundacion Juan XXIII

  • Instalacións O noso obxectivo é ofrecer Centros e Servizos de Calidade que dean resposta satisfactoria ás demandas dos nosos clientes
  • Persoas As persooas con discapacidade e as suas familias constituen o valor central da nosa organización
  • InclusiónDeseñamos programas e servizos para favorecer a inclusión social e a plena participación na comunidade das persoas con discapacidade intelectual
  • FormaciónNa etapa escolar a aprendizaxe personalizada oriéntase a que os alumnos adquiran as competencias necesarias para lograr un bo nivel de integración social e persoal
  • TraballoO traballo ocupacional supon unha opción de integración e desenvolvemento nunha contorna laboral, por medio dea cal e prestando os apoios axeitados, capacítase ás personas de cara a sua plena integración sociolaboral
  • RehabilitaciónA través dos diferentes servizos dirixidos á rehabilitación física potencia o benestar físico das persoas para mellorar a sua calidade de vida

FacebookTwitterYoutube

MENU PRINCIPAL

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.


escoitarescoitar

14 Encontro Autoxestores Santiago
Encontro Autoxestores Santiago 9 novembroGrupos de autoxestores galegos debateron en Santiago sobre a situación actual do emprego para persoas con discapacidade intelectual
Máis dun centenar de persoas con discapacidade intelectual, reuníronse o pasado fin de semana en Santiago durante o XIV Encontro Autonómico de Autoxestores que se celebrou no Hotel Congreso. Durante a inauguración, o alcalde de Lugo, José López Orozco, quixo dedicar unahas palabras aos presentes para ofrecer o seu apoio desde o Concello de Lugo a novas políticas que fomenten o emprego das persoas con discapacidade intelectual.
Pola súa banda, o presidente de FADEMGA, Eladio Fernández, destacou os avances que se produciron en materia de emprego público a nivel estatal, pero lamentou que a nivel autonómico os políticos non aposten polas persoas con discapacidade intelectual á hora de ofrecer emprego.
O emprego protagonizou os obradoiros da tarde.

Encontro Autoxestores Santiago novembroEste ano, os grupos de autoxestores estiveron a pór en común a través de diferentes reunións, os problemas que detectan para acceder ao emprego nas súas diferentes modalidades, (emprego público, emprego persoal, emprego protexido... ) Como colofón a este traballo, durante o Encontro os autoxestores propuexeron e analizaron diferentes solucións para esta problemática.
O obxectivo último, é o de sensibilizar aos políticos para que fomenten o emprego público das persoas con discapacidade intelectual, trasladándolles as súas demandas neste ámbito, presentando o punto de vista das familias e aclarando dúbidas sobre o traballo dos preparadores laborais ou os centros especiais de emprego.
Durante a xornada tamén se presentou o Club de Lectura da Asociación Juan XXIII e o domingo, autogestores de Aceesca deron unha pequena formación en materia de dereitos.
 

i l n j