Fundacion Juan XXIII

  • Instalacións O noso obxectivo é ofrecer Centros e Servizos de Calidade que dean resposta satisfactoria ás demandas dos nosos clientes
  • Persoas As persooas con discapacidade e as suas familias constituen o valor central da nosa organización
  • InclusiónDeseñamos programas e servizos para favorecer a inclusión social e a plena participación na comunidade das persoas con discapacidade intelectual
  • FormaciónNa etapa escolar a aprendizaxe personalizada oriéntase a que os alumnos adquiran as competencias necesarias para lograr un bo nivel de integración social e persoal
  • TraballoO traballo ocupacional supon unha opción de integración e desenvolvemento nunha contorna laboral, por medio dea cal e prestando os apoios axeitados, capacítase ás personas de cara a sua plena integración sociolaboral
  • RehabilitaciónA través dos diferentes servizos dirixidos á rehabilitación física potencia o benestar físico das persoas para mellorar a sua calidade de vida

FacebookTwitterYoutube

MENU PRINCIPAL

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.


escucharescuchar

Presentación

A ASOCIACIÓN JUAN XXIII é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á formación e promoción integral das persoas con disCapacidade intelectual,

Dende os diferentes centros e servizos ofrecemos os apoios máis axeitados que permitan a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade e a das súas familias, dende unha visión centrada nas súas necesidades e desexos persoais.

Entre os fins fundamentais están:

- Fomentar o desenvolvemento integral das persoas con disCapacidade nas súas distintas vertentes.

- Velar polos dereitos das persoas e os das súas familias.

- Apoiar ás familias para mellorar as condicións de vida dos seus familiares.

- Promover actitudes reais e positivas na sociedade cara ás persoas con disCapacidade intelectual difundindo e divulgando o seu valor social.

- Facilitar e promover a inclusión social e laboral.

Proporcionamos unha atención especializada nas diferentes etapas do ciclo vital (infancia e vida adulta); nos diversos eidos que conforman a vida cotiá (educativo, ocupacional, emprego, vivenda, ocio e tempo de lecer); e en función das características e necesidades individuais (personalidade, potencial,...).

Na actualidade, contamos cun Centro Educativo, dous Centros de Día, dous Centros Ocupacionais e unha Vivenda Tutelada nos que prestamos servizos a preto de 185 persoas cun radio de acción de 18 concellos da provincia de Pontevedra.

 

i l n j